AVEL·LÍ ARTÍS-GENER (Barcelona 1912-2000) é un dos escritores cataláns de culto. Coñecido tamén polo alcume Tísner, foi xornalista, pintor, escenógrafo, tradutor e director artístico de publicidade. Durante a Guerra Civil loitou no exército da República, foi internado no campo de concentración de Coll d’Ares e posteriormente exiliouse en París e en México, país no que residirá durante vinte e cinco anos, en contacto coa cultura precolombina. Estableceu relación co exilio galego no buque Ipanema.
Paraules d’Opòton el Vell (1968) está considerada como unha das mellores obras da literatura catalá do século XX. Autor dunha longa obra literaria e gráfica, recibiu a Creu de Sant Jordi, así como os premios Ciutat de Barcelona de Narrativa Catalana, Crítica Serra d’Or ou o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.