https://hablamosdelibros.es/producto/antipodas/98960AntípodasPlinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estragos, acompañado por Luneda -o seu can-, relata as circunstancias do seu mundo, a vida na cidade do mar, cando os abismos semellan ser historia. Medra o silencio e Plinio vive na memoria e nas palabras do seu tempo: 2014. No desamparo renacen para sempre as resistencias, que o protagonista prende e abrasa nunha noite máxica. Todo é axiña: vai na devoración. O lume e a brasa dos monólogos. O realismo, desbordado no tránsito, xa non existe senón canda o solpor. E velaí van de balde e de bussines no avión transoceánico da fuxida as parrafadas de Banká e de Kapito, as alimarias, nunha viaxe a bordo que o soño nunca acorda. Desce o boeing cabo de moi lonxe e a noite troca en sol de ausencias.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00240401-600x910.jpg8.49instockLiteraturaNovela literaria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00240401-300x300.jpg98443983559833598373984458.490.000.002023-02-20T18:19:24+02:00
Antípodas
Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estragos, acompañado por Luneda -o seu can-, relata as circunstancias do seu mundo, a vida na cidade do mar, cando os abismos semellan ser historia. Medra o silencio e Plinio vive na memoria e nas palabras do seu tempo: 2014. No desamparo renacen para sempre as resistencias, que o protagonista prende e abrasa nunha noite máxica. Todo é axiña: vai na devoración. O lume e a brasa dos monólogos. O realismo, desbordado no tránsito, xa non existe senón canda o solpor. E velaí van de balde e de bussines no avión transoceánico da fuxida as parrafadas de Banká e de Kapito, as alimarias, nunha viaxe a bordo que o soño nunca acorda. Desce o boeing cabo de moi lonxe e a noite troca en sol de ausencias.
Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estragos, acompañado por Luneda -o seu can-, relata as circunstancias do seu mundo, a vida na cidade do mar, cando os abismos semellan ser historia. Medra o silencio e Plinio vive na memoria e nas palabras do seu tempo: 2014. No desamparo renacen para sempre as resistencias, que o protagonista prende e abrasa nunha noite máxica. Todo é axiña: vai na devoración. O lume e a brasa dos monólogos. O realismo, desbordado no tránsito, xa non existe senón canda o solpor. E velaí van de balde e de bussines no avión transoceánico da fuxida as parrafadas de Banká e de Kapito, as alimarias, nunha viaxe a bordo que o soño nunca acorda. Desce o boeing cabo de moi lonxe e a noite troca en sol de ausencias.
Xosé Vázquez Pintor naceu en Melide (A Coruña) o 30 de novembro de 1946 e reside en Cangas desde o ano 1972. É autor dunha extensa obra literaria que abrangue a narrativa, a poesía, o ensaio, o xornalismo e a literatura infantil e xuvenil. Foi fundador dos grupos de Teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola.
No ámbito da narrativa publicou De ida e volta (1975), Lume de biqueira (Xerais, 1999), Quen faga voar (Premio Carvalho Calero, 2000), A memoria do boi (Xerais, 2001, Premio Torrente Ballester e Premio da Crítica Española), Mar de bronce (Xerais, 2003), Para dicir abril (Premio Cidade de Ourense, 2007), Máis vidas (2009) e Antípodas (Xerais, 2015). Como poeta destaca por Gándaras (1971), O espertar tamén é noso (1977), Ofidios de diario (Premio Eduardo Pondal, 1984), Na vertical da noite (Premio Cidade de Ourense, 1989), No corazón mancado (1989), Rotación violeta (1996), Banzados (2000) ou Seara (obra poética 1971-2011).
Como autor teatral publicou, entre outros, A parroquia (finalista do Premio Abrente), A fraga encantada (1987), Sala de espera (1990), A sombra da memoria (1999), Teatro do patacón-Os pés do vento (2008).
Como ensaísta destacan Os vellos oficios (Xerais, 1996), A tribo sabe (Xerais, 1999), Tal era vivir (Xerais, 2004) e A Terra do Medio (2009).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!