https://hablamosdelibros.es/producto/coller-as-rendas/98976Coller as rendasO ourizo cacho, a vaca, o porco teixo, o sapo, a cascuda, a carracha... todos estes animaliños, cada un deles, teñen un camiño por trazar. Cal será?https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00216201-600x678.jpg12.50instockLibros infantilesA partir de 7 años00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00216201-300x300.jpg102463102445997201024919972212.500.000.002023-02-20T18:20:01+02:00
Coller as rendas
O ourizo cacho, a vaca, o porco teixo, o sapo, a cascuda, a carracha… todos estes animaliños, cada un deles, teñen un camiño por trazar. Cal será?
Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977), licenciouse en Filoloxía e realizou estudos audiovisuais na Coruña. Activa dinamizadora cultural, dende 2009 dirixe varios proxectos con poetas galegos e internacionais: o ciclo de recitais mensuais POETAS DI(N)VERSOS na Coruña (Premio da Crítica - Galicia á mellor Iniciativa Cultural 2014), o Festival de Poesía PONTEPOÉTICA en Pontevedra e o Obradoiro Internacional de Tradución Poética «Con barqueira e remador», na illa de San Simón. Alén diso, ofrece obradoiros literarios, recitais, videopoesía e outras mostras do seu traballo dentro e fóra do país, por toda Europa e América, ademais de Tunisia, China ou Xapón. Durante anos traballou en televisión (Premio Mestre Mateo Mellor Comunicador/a de TV 2005) e publicou columnas en distintas cabeceiras galegas. Foi responsable de mostras poéticas colectivas, de traducións de poesía e de edicións literarias. Aparece representada en numerosas revistas especializadas, libros colectivos e antoloxías tanto galegas como estatais e estranxeiras, así coma en numerosos festivais internacionais de poesía, téndose traducido en parte a máis de quince linguas. Autora multipremiada (Premio da Crítica Española 1999, Premio Espiral Maior 2007, Premio Ojo Crítico 2009, Premio Fundación Novacaixagalicia, entre outros) Yolanda Castaño conta con sete poemarios individuais entre os que salientan «Vivimos no ciclo das Erofanías», «O libro da Egoísta», «Profundidade de campo», «A segunda lingua», «Materia» (Xerais, 2022; Premio Nacional de Poesía 2023 e Premio da Crítica española 2024) ou «A falsa autónoma» (Xerais, 2025; Premio Miguel González Garcés 2022). É autora tamén de edicións bilingües destes poemarios para Visor libros, un par de escolmas persoais, algunhas plaquettes e catro libros de poesía infantil, ademais de obras asinadas como editora e tradutora. En 2018 publica «O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético» (Xerais, 2018) e en 2021 escribe «Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias» (Xerais, 2021).
Xosé Tomás (Betanzos, 1971) é profesor de lingua inglesa e ilustrador de máis de vinte títulos de literatura infantil. Ilustrou para a colección Merlín os libros: «Contos de Reis e de Nadal» (2007), «O souto escuro e perigoso» (2011), «O arco da vella» (2009, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Ilustrador do ano 2011), «Os reloxos preguiceiros de Néboa» (2011), «Coller as rendas» (2014) e «Choiva de ras» (2018). É autor do proxecto de banda deseñada infantil «Animalia», que conta con catro títulos: «Animalia 1. Verde» (2018), «Animalia 2. Branco» (2019), «Animalia 3. Azul» (2021) e «Animalia 4. Gris» (2022), publicados na colección Merlín Cómics de Xerais.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!