Manuel García Barros (Berres, 1876-Callobre, 1972), tamén coñecido polo pseudónimo Ken-Keirades, foi un exemplo de coherencia cívica ao longo da súa vida. Campesiño e de orixe familiar labrega, exerceu o maxisterio, practicou o xornalismo, desenvolveu unha salientable actividade política de corte galeguista e cultivou abondosamente a creación literaria.
Alén da súa póstuma “Aventuras de Alberte Quiñoi” (1972) e dunha abundante obra aínda inédita, García Barros publicou “Contiños da Terra” no ano 1932 na editorial Nós.
Este volume de relatos de fonda raigame costumista e extraordinario calado popular reeditaríase en Buenos Aires vinte anos despois. A presente, pois, constitúe a terceira edición de “Contiños da Terra” que, asemade, inclúe as ilustracións da edición bonaerense e se enriquece con diverso material fotográfico e o correspondente estudio introdutorio.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.