https://hablamosdelibros.es/producto/os-reloxos-preguiceiros-de-neboa/99796Os reloxos preguiceiros de NéboaNa cidade de Néboa vívese unha aparente rebelión de todos os reloxos, que deixan de contar o tempo. A alcaldesa Sabela Depresa e centos dos seus concidadáns teñen pesadelos cos reloxos, con moreas de reloxos que se lles aparecen nas noites invernais, mentres dormen, reivindicando a súa galbana ou a súa rebeldía. O Superreloxeiro Experto no Cómputo do Tempo Todo, don Cuco Campá, é o encargado de todo o sistema que mide o tempo en Néboa e ten un trato especial cos seus reloxos parlantes. A través del comezamos a intuír todo un mundo de misterios e segredos marabillosos. A detective Lupita Grande e o doutor Hipócrates Verruga contribuirán a desvelar que alguén está manipulando os reloxos co fin de impedirlles contar o tempo. Detrás desa situación albíscase un boicot de grandes dimensións sobre o que converxen moitos misterios. A partir de aí van xurdindo personaxes, digamos... especiais, ou mellor sería dicir moi especiais. É o caso do cociñeiro chinés Chung Pataching, ou do propietario do pazo señorial de Néboa, o tricentenario don Baldomero Ninsesabe, que axudarán a desentoldar claves aparentemente incomprensibles.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00171701-600x910.jpg17.50instockLiteraturaLiteratura contemporánea00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00171701-300x300.jpg987079873998733987679870317.500.000.002023-02-20T18:50:17+02:00
Os reloxos preguiceiros de Néboa
Na cidade de Néboa vívese unha aparente rebelión de todos os reloxos, que deixan de contar o tempo. A alcaldesa Sabela Depresa e centos dos seus concidadáns teñen pesadelos cos reloxos, con moreas de reloxos que se lles aparecen nas noites invernais, mentres dormen, reivindicando a súa galbana ou a súa rebeldía. O Superreloxeiro Experto no Cómputo do Tempo Todo, don Cuco Campá, é o encargado de todo o sistema que mide o tempo en Néboa e ten un trato especial cos seus reloxos parlantes. A través del comezamos a intuír todo un mundo de misterios e segredos marabillosos. A detective Lupita Grande e o doutor Hipócrates Verruga contribuirán a desvelar que alguén está manipulando os reloxos co fin de impedirlles contar o tempo. Detrás desa situación albíscase un boicot de grandes dimensións sobre o que converxen moitos misterios. A partir de aí van xurdindo personaxes, digamos… especiais, ou mellor sería dicir moi especiais. É o caso do cociñeiro chinés Chung Pataching, ou do propietario do pazo señorial de Néboa, o tricentenario don Baldomero Ninsesabe, que axudarán a desentoldar claves aparentemente incomprensibles.

Xavier Lama (Santa Euxea-Guntín, 1962). Estudou Ciencias da Información en Madrid e foi un rostros coñecidos dos informativos da Televisión de Galicia. O seu labor xornalístico ten sido recoñecido con diversos galardóns, entre os que figura o Mirador de la Complutense, Air France para novos periodistas, o Premio Galicia de Comunicación en 1989 e a Pluma de Ouro do I Premio Borobó en 2009. Como poeta ten publicadas: O fotógrafo Helmut Newton ten unha visión da eternidade (2003); Tigres como Fausto con ollos de bruma (2006). Accésit Premio Esquío; Melancolía líquida da idade das vacas (2008). Premio Esquío e Cabalos do Alén. Premio Miguel González Garcés. Como narrador gañou o Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa coa novela Os moradores da nada (1995). Como autor dramático ten publicados: O peregrino errante que cansou ó demo (1994). Premio Camiño de Santiago; O serodio remordemento do amor (1996). Premio Rafael Dieste; Memoria de Antígona con Quico Cadaval (1998) e Os reloxos preguiceiros de Néboa (Xerais, 2011). Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil en 2010.
Xosé Tomás (Betanzos, 1971) é profesor de lingua inglesa e ilustrador de máis de vinte títulos de literatura infantil. Ilustrou para a colección Merlín os libros: «Contos de Reis e de Nadal» (2007), «O souto escuro e perigoso» (2011), «O arco da vella» (2009, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Ilustrador do ano 2011), «Os reloxos preguiceiros de Néboa» (2011), «Coller as rendas» (2014) e «Choiva de ras» (2018). É autor do proxecto de banda deseñada infantil «Animalia», que conta cos títulos «Animalia 1. Verde» (2018) e «Animalia 2. Branco» (2019), publicados na colección Merlín Cómics de Xerais. Nesta mesma colección, publica en 2025 «Lela, a superavoa».
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!