Ra煤l Dans fai un retrato desapiadado dun n煤cleo familiar en descomposici贸n, en cuxo centro est谩 Helena, esposa e nai, presa da insatisfacci贸n e a amargura, ante o reto de afrontar unha batalla contra o destino mentres todo o seu universo se derruba.
Teatro de personaxes, da palabra como arma, da trama como revelaci贸n. Velaqu铆 un drama de feitura cl谩sica poboado de perdedores e antiheroes modernos, mulleres e homes na busca do obxectivo m谩is lex铆timo do ser humano: a conquista da felicidade.
As relaci贸ns de parella, entre pais e fillos, os vencellos que nos unen 谩s persoas, a natureza deses v铆nculos e as s煤as escravitudes, o inexorable paso do tempo, as frustraci贸ns, o fracaso e as d茅biles esperanzas que nos mante帽en con vida.
En Chegamos despois a unha terra gris hai tam茅n unha reflexi贸n sobre a verdadeira identidade das persoas, sobre ese ser desprezable que ani帽a en cada un de n贸s, ese ser que nos emperramos en negar, pero que somos, en realidade, m谩is que aquel outro que quixeramos ser ou aparentamos ser ante os demais.
Algunhas historias pretenden iluminar as zonas escuras da alma humana. En palabras do propio autor, Chegamos despois a unha terra gris penetra nesas zonas escuras para perderse nelas.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La informaci贸n de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qu茅 secciones de la web encuentras m谩s interesantes y 煤tiles.