Lois Pereiro (1958-1996) foise antes de tempo, aos 38 anos. Prometérao na súa adolescencia: «Quero escribir un libro e morrer novo, como Manuel Antonio.» Ao final escribiu máis dun. A súa obra, e en concreto a súa poesía, constitúe unha das mostras máis auténticas e dolorosas da literatura galega.
Para Lois Pereiro o corpo foi o seu campo de batalla e o argumento da súa poesía. Envelenado dúas veces, aos 36 anos diagnosticáronlle a sida. Marcado xa para a morte decidiu, contra todo prognóstico, seguir vivo para sempre na súa obra e nos soños dos que o seguiron querendo. Lois Pereiro. Vida e obra é a proba de que o conseguiu.
Neste volume, o xornalista Iago Martínez aborda a biografía dun autor tan admirado como descoñecido, e faino dende a complicidade, cunha prosa áxil e directa, combinada cun minucioso labor de documentación. As súas páxinas adéntranse, con rigor e sensibilidade, no universo persoal de Lois Pereiro e ofrece claves culturais e literarias fundamentais para interpretar a súa poesía.
Lois Pereiro. Vida e obra revela o ser humano que hai detrás do mito contemporáneo das letras galegas.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.