Abril Camino (Lugo, 1980), pseudónimo de Rocío Otero, é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña e en Filoloxía Inglesa pola UNED.
No ano 2015, despois de traballar como guionista, correctora, tradutora, profesora e editora, comezou as súa traxectoria como escritora, faceta na que podemos destacar as seguintes obras de entre as máis de vinte que xa leva publicado: «Mi mundo en tus ojos» (2018), «La vida después de ella» (2020), «El ayer, nosotros y un mañana imposible» (2020) e «Nuestro último verano en la isla» (2024).
Ademais da súa tarefa como autora, imparte obradoiros de Escritura Creativa na Universidade da Coruña, dirixe unha empresa de servizos editoriais e é coautora do podcast de temática literaria «Desquiciadas de libro».
En 2025 gañou o XLII Premio Xerais de Novela con «Mulleres que viven xuntas», a primeira obra que publica en lingua galega.
Fotografía da autora: Juan David Caseiras.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.