Adolfo Caamaño (Barro, Pontevedra, 1959), é licenciado en Xeografía e Historia e profesor de Ensino Secundario en Marín. Colaborador en medios xornalísticos como A Nosa Terra, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, Diario do Barroso, ademais de ser fundador da revista de creación literaria Hidromel (Pontevedra, 1980). Como poeta ten publicado: Poemario Irlandés (2000), premio “Johán Carballeira” 1999; Alma de Beiramar (2002); O Trazo Aberto (2003) e Poemario Compostelán (2006), premio de poesía Concello de Marín 1999. Como narrador publicou as novelas Soberano (2004), premio Benito Soto ao mellor libro do ano 2004, e O paxaro do mel (Xerais 2006).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.