Álex Alonso (Vigo, 1968) é licenciado en Filoloxía Galega e Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade traballa como tradutor intérprete da Administración de Xustiza na Audiencia Provincial de Pontevedra.
En 2003 recibiu a mención especial do xurado do XII Certame de Narracións Breves Manuel Murguía pola obra «Estremonías»; en 2010 gañou o VI Certame de Relatos de Muller Matilde Bares por «Xénero imperfecto», e en 2015 resultou gañador do Certame de Narrativa Curta Ánxel Fole con «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food» (Xerais, 2016). Coa novela «Granito» (Xerais, 2020) logrou ex aequo o Premio Torrente Ballester, con «Bullying» (Xerais, 2023) volveu gañar o Certame de Narrativa Curta Ánxel Fole no ano 2022, con «O estranxeiro» (Xerais, 2023) conseguiu o XXIX Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey e con «O teito é de pedra» (Xerais, 2025) quedou finalista do XLI Premio Xerais de Novela 2024.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.