Alfonso Armada (Vigo, 1958) asistiu á morte de Franco desde a Universidade de Santiago, onde comezou dúas carreiras, fixo bos amigos, e descubriu a lingua e o teatro. Logo, en Madrid, aprendeu xornalismo e teatro. Traballou no Faro de Vigo, El País e Abc (do que foi correspondente en Nova York, e no que continúa como reporteiro). Dirixiu boa parte das súas pezas de teatro coa compañía Koyaanisqatsi. En galego publicou os poemarios Escuma dos dentros. Poemas 1975-1983 (1997); Pita velenosa, porta dos azares (colección Tambo, 2002); Haikús da Costa da Morte (carpeta con obras orixinais de Antón Patiño, 2007) e TSC. Diario da noite (Xerais 2009). En español publicou, entre outros libros, Cuadernos africanos (1998 e 2002); España, de sol a sol (2001); El rumor de la frontera (2006); Nueva York, el deseo y la quimera (2007); El sueño americano. Cuaderno de viaje a la elección de Obama (2009).
http://www.facebook.com/alfonso.armada.
Tamén os meus blogs:
El mirador, en fronterad: http://fronterad.com/?q=blog/1134
Capitulo aparte, blog colectivo en ABC: http://www.abc.es/blogs/libros/afganistan-la-cronica-de-una-ficcion-que-pone-los-pelos-de-punta/ en Twitter: alfarmada