Alicia Suárez (Pontevedra, 1974). Estudou Belas Artes en Pontevedra, é profesora de ensino secundario dende 1997 e traballa dende o ano 1998 no mundo da ilustración infantil. O seu primeiro conto ilustrado foi “O rei ra”. Posteriormente participou nas coleccións Contos do mundo para a ONG Solidaridade Internacional e Makakiños día a día, contos para nenos con necesidades educativas específicas: “Nicolás cociña sen lume”, “Nicolás vai de compras” e “A ratiña presumida”. Tamén colaborou coas revistas CLIJ no ano 2001 e HOLA cocina no ano 2012. En 2005 foi seleccionada na bienal de Bratislava. En Xerais publicou os álbums con texto de Sabela Fernández Trelles, “Augusta e os seus medos” (2015) e “O ladrón de soños” (2018).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.