Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega, en Filoloxía Hispánica e tamén doutora pola UDC.
Publicou a súa primeira novela, ”Proxecto Bolboreta” (Premio Micronovela do Concello de Soutomaior) no ano 2007. Desde entón leva doce obras publicadas, todas elas destinadas ao público infantil e xuvenil, e moitas delas recoñecidas con premios a nivel autonómico e nacional.
En 2010 publica ”Violeta tamurana”, Premio Meiga Moira, galardón que volve acadar con ”Miña querida Sherezade” no ano 2014. En 2013 sae á luz a súa novela ”Nubes de evolución”, finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia e Premio Fervenzas Literarias. Con ”Volverás, golfiño” queda finalista do Premio Merlín. En 2015 gañou o Premio Jules Verne por ”Europa Express” e en 2017 foi finalista do Premio Raíña Lupa por ”O que sei do silencio”. Con ”Conta nove estrelas”, obra incluída na lista de honra da OEPLI en 2019, gañou o Premio Lazarillo 2018, así como o Premio Frei Martín Sarmiento. En 2020 gaña o Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación e obtén o Premio Merlín por ”A folla azul”. No ano 2021 faise co Premio Raíña Lupa por ”Que me pare o corazón se te esquezo” e, ao ano seguinte, gaña o XIX Premio Anaya coa novela ”Alma de elefante”. En 2023 gaña o XLI Concurso de Narrativa Infantil Vila d’Ibi coa novela «O enigma de Sempreviva» (Xerais, 2025). En 2025 volve gañar o Premio Jules Verne por ”O corvo sobre a neve” (Xerais, 2025).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.