Antonio García Teijeiro (Vigo 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. Ten publicada unha extensa obra poética dirixida ao público máis novo, con máis de cincuenta títulos, iniciada en 1988 cos libros «Coplas», «Nenos» e «Aloumiños». En Xerais publicou os seguintes títulos de poesía: «Retorno ós lamentos» (1988); «Ventos» (1992; «Lueiro de papel» (1995; «Na fogueira dos versos» (1996), Premio Merlín 1996, Lista de Honra do IBBY 1997 e Premio Pier Paolo Vergerio 1998; «O que ven os ollos dos nenos» (2001), prosa poética; «Os nosos versos» (1997, Xerais 2003), antoloxía poética; «Chove nos versos» (2004); «Recendos de aire sonoro» (2011); «Un rato díxolle á lúa» (2013), antoloxía da súa obra preparada por Fran Alonso; «Lendo lendas, digo versos» (2015), en colaboración con Antonio Reigosa, Premio Gala do Libro Galego á mellor iniciativa bibliográfica 2016; «Poemar o mar» (2016), Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017, «Paseniño, paseniño» (2018), «Vento, ventiño, venteiro» (2019), e «No xardín do poeta» (2021). No eido da narrativa para mozos e mozas publicou en Xerais: «En voz baixa» (1998); «Os peixes de cores» (2002); «Honorato, o rato namorado» (2007) e «Verbas de sal» (2011). Tamén preparou a «Antoloxía de Celso Emilio Ferreiro» (1989) publicada na Biblioteca das Letras Galegas.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.