O ourensán Antonio Sanlorenzo, tamén coñecido entre os seus amigos e entre outros lúcidos heterónimos por Antonio Sánchez Lorenzo, é o autor dun extenso e variado catálogo de producións literarias e xornalísticas que abarcan case todos os xéneros -sen excepción- e demais ámbitos non xenéricos. Antonio describe o seu labor como o dun asesor, impulsor e desenvolvedor («un programador, en suma») de autores que encerran un gran potencial e aí o teñen, baixo chave. «Non só descubro e selecciono obras e escritores, senón tamén e sobre todo ideas que implanto no creador adecuado, ao que estimulo, presiono e guío; e, se é preciso, cambio de creador, ou reúno a varios, ou emprego un para mellorar o traballo doutro ou doutros. É unha tarefa ardua e pouco recoñecida, pero gratificante, xa que non dependo dos caprichos e vaidades do autor, que desde o principio sabe -e asina un contrato recoñecéndoo- que é unha engrenaxe máis, e non a máis importante, da obra.» Un asombroso exemplo deste afán é Cincuenta asasinatos breves e un prólogo.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.