Armando Requeixo (Mondoñedo, 1971). Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa (Premio Extraordinario), exerce como profesor de Lingua e Literatura Galegas no Ensino Medio, tendo desempeñado tamén labores docentes no Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago (1996-1997 e 2000-2002). Como investigador e analista literario é autor das monografías “Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego” (1996), “Ánxel Fole e Á lús do candil”, (1997, en coautoría con Luís Alonso Girgado), “O mundo lucense de Ánxel Fole” (1997, en colaboración con Claudio Rodríguez Fer e Isabel Gómez Rivas) e “Escritores mindonienses” (1998). Foi, tamén, o editor da novela de Aníbal Otero “Esmoriz” (1994), da peza teatral de Luís Seoane “A soldadeira” (1996), da “Poesía galega” (1999) e mais a “Etnografía mindoniense” (2000) de Eduardo Lence Santar e do poemario “Primeiras cantigas do amor” (1999) de Xosé Díaz Xácome. Tamén se co-responsabilizou, xunto con Ramón Nicolás, da edición e estudio da escolma de conto galego actual “Materia prima. Relatos contemporáneos” (Vigo, Xerais, 2002) e de “Viaxe ao País dos Ananos” de Celso Emilio Ferreiro (Xerais 2004). Como crítico literario é colaborador habitual da revista “Tempos Novos” e mais dos xornais “El Correo Gallego”, “Faro de Vigo” e “Diario de Ferrol”.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.