AveLina Pérez (Santa María de Oia, 1969).
Formada en interpretación na escola Santart e titulada en dirección de escena e dramaturxia pola ESAD de Galicia.
Inicia a súa andaina profesional como directora da Compañía Teatro do Lume e, posteriormente, crea un novo proxecto escénico co seu propio nome que abarca as producións propias, a escrita teatral e a impartición de obradoiros.
É directora, dramaturga e actriz das pezas «Desde ese silencio»; «Eco»; «Segunda man. Estado aceptable»; «Por favor, ténteo novamente máis tarde»; «A que non podes dicir cocacola? (I e II)»; «Deixa de tocala, Sam»; «Os cans non comprenden a Kandinsky» e «Gañaremos o pan coa suor da túa fronte».
Recibe varios premios en dramaturxia, entre eles o Álvaro Cunqueiro coa peza «Ás oito da tarde, cando morren as nais» (Xerais, 2019), posta en escena polo CDG en 2022 e traducida ao portugués e ao francés, e o Abrente de textos teatrais con «O día no que bicar a terra». En 2024 volve gañar o Álvaro Cunqueiro con «Incidencia muller pedra» (Xerais 2025).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.