Bea Gregores naceu en Vigo en 1995. Graduada na Universidade de Belas Artes de Pontevedra e licenciada no máster universitario en libro ilustrado e animación
audiovisual, especialízase nos campos de ilustración e deseño.
Foi gañadora de diversos premios no mundo da ilustración e do cómic, como o Primeiro Premio La Palabra Pintada, categoría artista nova, e o Primeiro premio Xuventude Crea na sección de Banda Deseñada, ademais de participar e comisariar varias exposicións.
Actualmente traballa como ilustradora editorial en Galicia. En Xerais ilustrou os álbums «A lavandeira de San Simón» (Xerais, 2020) e «Cando leo» (Xerais, 2022), e mais o ensaio «Douche a miña palabra» (Xerais, 2021). As mulleres que cultivaban néboas (Xerais, 2022) é o primeiro álbum que asina como autora total, do texto e das ilustracións.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.