Beatriz Maceda. Naceu e vive na Coruña, mais pasou unha parte importante da súa vida na capital da Terra Chá, Vilalba.
É mestra de Educación Primaria pola especialidade de Lingua Inglesa. Realizou estudos de posgrao en Orientación Educativa no Instituto Maslow Catell da Universidade de Deusto. Leva exercendo o ensino desde hai vinte e un anos, impartindo cursos e facendo traballos sobre ensino global.
Publica os primeiros relatos, «Ela» e «Tuerka 27», na revista «Tempos Dixital». Logo virían o álbum ilustrado «Man. O alemán de Camelle» (2012), coa intención de achegar a figura de Manfred Gnädinger á mocidade; «O álbum de Garrincha» (2015), unha historia sobre como o deporte, neste caso o fútbol, pode ser un elemento de integración para as nenas e nenos migrantes, e «Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán» (2017), que aproxima a figura de Valle á rapazada. En 2019 publica «Lúa en Ningures», o seu primeiro libro na colección Merlín de Xerais, ao que seguiu «As sentinelas do silencio» (2022). Xunto á escritora Eli Ríos e á ilustradora Laura Suárez, publica o álbum ilustrado «Luísa Villalta. Alma de violino» (Xerais, 2023). Tamén «Teranga» (Xerais, 2024) na colección Fóra de xogo de Xerais.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.