Belén Diz Juncal (1993) vive en Pontevedra. Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e posteriormente titulada no máster de álbum ilustrado e animación audiovisual na mesma universidade, dedícase a consumir bolígrafos, raiando nun papel realidades que pretenden completar a súa propia.
O seu traballo engloba diferentes temas e disciplinas, entre as que destacan a idea da infancia, o corpo e o fogar como refuxio, na que se pretende representar ese espazo que nos fai sentir seguros por medio de escenas onde o propio corpo, a mirada e o contexto reflicten un imaxinario construído a partir de recordos, sensacións e sentimentos. En Xerais, é autora das ilustracións do álbum «O triángulo vermello» (2024).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.