Bieito Iglesias Araúxo (Quintián, Coles, 1957). Licenciado en Historia Contemporánea. Profesor de Ensino Secundario en Santiago de Compostela. Colaborador literario en diversas publicacións (La Voz de Galicia, Tempos novos e Dorna). Como traductor realizou a versión galega, en colaboración con Manuel Vázquez, da serie de Sherlock Holmes de A. Conan Doyle (1995).
Como ensaista participou no volume Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1991). Como narrador ten publicados: Luanda (1990), relato policial; Aventura en Nassau (Xerais 1991), contos; Vento de seda (Xerais 1992), novela; Miss Ourense (1994), relatos policiais; Conta os latidos (1995), novela curta; «Non sabía que doía tanto», incluído no volume Antoloxía do conto galego de medo (1996); O mellor francés de Barcelona (1999), relatos; A noite das cabras do aire (Xerais 1999), Premio Merlín 1999; A vida apoteósica (Xerais 2001), novela; A historia escríbese de noite (2001), novela, premio García Barros; e os relatos “Hotel Arriaga” publicado en Materia prima (Xerais 2002) e “Momentos decisivos” publicado en Longa lingua (Xerais 2002). En 1999 obtivo o premio Ciudad de Salamanca coa novela en castelán Bajo las más bellas estrellas (Algaida 1999).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.