Blanca Millán (Touro, 1991). Desde ben pequena devecía polos lapis de cores e o papel. Pinta desde que ten memoria e ilustra contos desde que é nai. Graduouse en Belas Artes na Universidade de Vigo e posteriormente fixo un mestrado en Libro Ilustrado. As súas primeiras publicacións chegaron no ano 2017 con «Manuela» e «A maxia de mamá»; desde entón xa van máis de 20 títulos en galego, castelán e inglés. Na actualidade segue a ilustrar novas obras no seu pequeno estudio. En Xerais, é autora das ilustracións de «A miña avoa, a miña heroína» (2024).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.