Blanca Vila naceu o 26 de outubro de 1993 en Ferrol. Grazas ao apoio da súa familia, sempre puido estar rodeada de inspiración e aprendizaxe no estudio dun bo amigo da familia, o mesmo estudio onde hoxe en día imparte clases de debuxo e ilustración, á vez que realiza o seu traballo como ilustradora freelace. Formada na Escola de Arte Superior e Deseño Pablo Picasso, o seu traballo abarca desde a ilustración de libros ata o deseño de campañas publicitarias, cartelería de cine ou imaxe de produtos comerciais.
«Liliam Strawberrey e o paxaro da morte» (2023) é a súa primeira obra ilustrada en Xerais.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.