Carlos Callón (Ribeira, 1978). Profesor no instituto San Clemente de Santiago de Compostela, doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués e presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística. Recibiu, entre outros, os premios Vicente Risco de Ensaio e o da Crítica de Investigación.
No ámbito lingüístico destacan os seus títulos «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez» (Xerais, 2012) e «O libro negro da lingua galega» (Xerais, 2022). O seu último poemario é «A abertura da boca» (2021).
Na investigación LGBT, diplomouse cun traballo sobre o heterosexismo no campo literario (2003) e doutorouse cun estudo sobre as homosexualidades no trobadorismo (2017). Publicou a primeira antoloxía literaria LGBT galega, «Da sátira ao orgullo» (2003) e os ensaios «Amigos e sodomitas» (2012) e «Vidas e historias LGBT na Idade Media» (Xerais, 2025). Tamén en 2025 publicou «Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega» (Xerais, 2025).
Promoveu roteiros, cursos e o documentario «Maridos e sodomitas. Os casamentos de home no reino da Galiza medieval» (2024). É membro da Comisión sobre Identidades e Disidencias Sexuais do Consello da Cultura Galega.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.