Carlos Díaz Martínez (A Coruña, 1951), emigrante en Suiza (1962-1987) onde cursou estudios do Bacharelato francés (mención lingua e literatura) e de socioloxía na Universidade de Xenevra coa Diplomatura en Animación Socio-cultural. Nos anos de emigración colaboura en múltiples actividades culturais e políticas galegas: asociacións, partidos, revistas, radio, edición…
Dende o seu retorno a Galicia (1988) participa en numerosas iniciativas no eido da edición (A Nosa Terra, Espiral Maior, Artesa, Xerais) , sempre dende a preocupación pola recuperación e difusión do patrimonio gráfico e documental galego.
Autor de colaboracións diversas no eido do xornalismo en revistas e xornais de Galicia e de coordinación de publicacións do noso patrimonio fotográfico (A Opinión de A Coruña). En colaboración con outros autores ten publicado “Xesús Ferro Couselo”, “Fouce: Etapa da Clandestinidade” e “A semente do 72, a forza da nosa clase”.
Colaborador na organización de diversas exposicións históricas ou artísticas e comisario de: “Galicia fora de Galicia”, “Culturas no Camiño Xacobeo”, “Masonería Universal. Familia Galega”, “Manuel Facal. 25 anos de obra gráfica”.
Como diseñador-editor de arte gráfica coordina produccións Culturais Artesa e a publicación de carpetas de obra gráfica de autores e artistas galegos dende o ano 1992 coa proposta actual dun catálogo de 10 libros de bibliofilia de arte.
Dende 1995 colaboura con Edicións Xerais de Galicia das coleccións de libros “A memoria de…” e na proposta de diversas publicacións e actividades da editorial. O seu último libro e “A Coruña por Pedro Ferrer´´ (Xerais 2005).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.