Carmen Villar Alonso naceu en Zürich no berce da emigración. Estudou Xornalismo, Xestión Cultural e Fotografía Artística. É redactora en «Faro de Vigo», onde tamén asina a columna de opinión «Que din as rumorosas?». Como debuxante, participou en «Entrecruzar», do Proxecto-Edición do CGAC. Desenvolve un proxecto fotopoético en redes sociais como Carmen de Milmanda. Escribe teatro, contos e poesía en fanzines e revistas como «Dorna» e «Palavra Comum», así como nos volumes colectivos «Liñas compartidas» (2019) e «Contármonos» (2023). O poemario «Os mil e un días» (Xerais, 2023) é a súa primeira obra individual.
(Fotografía da autora: Eduardo Navarro)
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.