Cornelia Funke (Dorsten / Westfalia, Alemaña, 1958) estudou Pedagoxía e Ilustración en Hamburgo. Axiña comezou a traballar como ilustradora de contos infantís para despois centrarse na escrita dirixida a público xuvenil. É autora de máis de cincuenta libros e guións e actualmente vive en Los Angeles (EE.UU.). Cornelia Funke é unha das autoras máis queridas e lidas no mundo. Coñecida como a «Rowling alemá» e elixida pola revista «Times» como unha das cen persoas máis influentes do planeta, xa vendeu máis de 14 millóns de exemplares das súas obras, entre as que destaca a triloxía «Tintenwelt» («Mundo de Tinta»). En Xerais ten publicados os títulos «Reckless. Carne de pedra» (Xerais, 2010), Premio Fervenzas Literarias 2010 ao Mellor Libro Xuvenil-Infantil Traducido ao Galego; «Reckless. Vida nas sombras» (Xerais, 2013); «O espírito do cabaleiro» (Xerais, 2011); o álbum ilustrado «A princesa Sabela» (Xerais, 2011) e a terceira parte da saga do mundo do espello: «Reckless. O fío de ouro» (Xerais, 2017).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.