Daniel Asorey Vidal (Santiago de Compostela), profesor de lingua galega e literatura, é autor de artigos e libros de texto. Os seus poemarios máis destacados son «Transmatria» (Xerais, 2019), Premio Johán Carballeira 2018; «Contra natura», Premio González Garcés 2020, e «Negras» (Xerais, 2022). Como narrador, con «Nordeste» obtivo o Premio Repsol de Narrativa Breve (2016) e foi finalista dos Premios da Crítica de Galicia (2017) e do San Clemente (2017); coa novela «As mulleres da fin do mundo» (Xerais, 2019) foi finalista da XXXIII edición do Premio Xerais de Novela. Alén diso, obtivo o Premio Nélida Piñón de Relato (2018), o Certame de Narracións Manuel Murguía (2002), o Terra de Melide (2001), o Certame de Relato Curto Cidade Vella (1988) e foi premiado no certame 17 de Maio da Facultade de Filoloxía da USC. O feminismo, a reivindicación do movemento anticolonial e das identidades non heteronormativas son constantes na súa obra.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.