DIEGO CONDE GÓMEZ (Ourense, 1977) é doutor en Veterinaria e membro colaborador do Grupo de Investigación de Historia Agraria e Política do Mundo Rural (HISTAGRA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), así como da Asociación Historia Veterinaria Galega (HISVEGA). No ano 2013, foi o gañador do IX Premio de Ensaio “Manuel Murguía” da Deputación da Coruña coa obra Canto val unha vaca? Da cuestión agraria á cuestión pecuaria en Galicia. Ten publicado, ademais de numerosos artigos e comunicacións en torno á Historia da Gandaría e a Veterinaria en revistas e congresos, traballos en obras colectivas como 25 anos da Facultade de Veterinaria (2009,USC), Os animais domésticos na historia de Galicia (2008, TresCtres) ou A Gandería, tesouro de Galicia (2006, Museo do Pobo Galego). Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea (Xerais 2015) é o seu primeiro libro.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.