Diego Giráldez (O Porriño, 1976) leva toda a súa vida profesional vinculado ao xornalismo e á comunicación. Ademais de coordinar varias cabeceiras, colaborou como columnista de opinión nos xornais «A Nosa Terra» ou «Xornal de Galicia» e, a través de reportaxes culturais, en «El País». Na actualidade, é colaborador do diario dixital «Praza Pública» e da «Revista Luzes». Ademais, fundou e dirixiu publicacións como o magazine «Kalaikia», «Malladoura» ou «CanZine». É autor de varios traballos sobre arquitectura e historia.
A súa primeira obra literaria de narrativa foi «Galería de saldos» (Xerais, 2016), libro de relatos polo que foi elixido «Autor galego do ano» pola revista «Fervenzas Literarias». Tamén publicou as novelas «Hotel para coleccionistas discretos» (2019), «O meu sangue» (2022) e «As obras póstumas» (Xerais, 2025), coa que logrou o XLIII Premio Blanco Amor de Novela.
Ademais, Diego Giráldez recibiu o Premio José Saramago de relato curto (2010), o primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo (2015), o Premio Literario Manuel Murguía (2016) e foi finalista do Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego nos anos 2020 e 2022.
Fotografía do autor: Mateo H. Soto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.