Eli Ríos naceu en Londres ao mesmo tempo que o punk rock pero, ao pouco tempo, regresou ás terras de Ordes onde se criou. Despois de moitas voltas e reviravoltas decidiu instalarse ao pé do castro de Elviña. Publicou os seguintes libros: “nós escoitando o badalo de marienplatz” (2010), XII Premio de Poesía Concello de Carral; “rúa da cancela” (2009), IV Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas; “María” (2013), I Premio de Poesía Figurante; “Anamnese” (2014), II Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey; “Diario de fotogramas” (2014), Segundo premio do I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes, Concello de Ribeira; “Remexido de patacas” (2014), XL Certame de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo; “Doe tanto a túa ausencia” (2015), XVIII Certame Francisco Añón de Poesía, Concello de Outes; “Bicha” (2015), XIIº Premio Pura e Dora Vázquez de Narración, Deputación de Ourense; “Marta e a píntega” (2016), conto infantil; “Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno” (2016); “Luns” (Xerais, 2017), novela, I Premio Torrente Ballester para obras en galego da Deputación da Coruña, 2016; “Café intenso” (2017), I Premio de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón, “Culpable” (Xerais, 2017), IV Premio de Poesía Gonzalo López Abente e “O ceo das reixas” (Xerais, 2019). Colabora na revista dixital de crítica literaria feminista “A Sega”. Xunto á escritora Beatriz Maceda e a ilustradora Laura Suárez, publicou o álbum ilustrado «Luísa Villalta. Alma de violino» (Xerais, 2023).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.