Emilio Alonso (Madrid, 1958 – Vigo, 2020). Durante a década dos 80 realizou os programas de radio Montaje Curioso -con Pilar Comesaña e Antón Cancelas- e A Trincheira (Radiocadena Española-Vigo e RNE-Radio 4-Galicia); foi coordinador da revista Tintimán, correspondente en Galicia de Rock de Lux e guionista e co-presentador do concurso musical Racha coas Ondas (TVE-Galicia); elaborou unha páxina semanal de información musical en Diario 16 de Galicia e colaborou con outras publicacións, como Faro de Vigo, Atlántico Diario, La Naval, Valiundiez, Escupe… Froito destes traballos e experiencias é o libro Vigo a 80 revolucións por minuto (Xerais, 2011), unha crónica da movida viguesa daquela década.
Xa nos 90 traballou fundamentalmente para televisión (TVG) como guionista, coordinador e director de programas presentados por Teté Delgado e Paco Lodeiro (Café Café), Pilar García Rego (Esto é noticia, Todos a Bordo), Roberto Vilar e Manolo Romón (Televisión Total), Superpiñeiro (Supermartes), Ana Kiro (Toda unha vida), X.L. Blanco Campaña (A Noite en Blanco), etc.
Ten publicados tamén ¡Po! Diario de un viaje a Palestina (Santiago, Fundación Araguaney, 2003) e Mercurio (Xerais, 2009) coa que gañou o VIII Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.