Francisco Fernández Naval (Ourense, 1956) é poeta e narrador. Recibiu o premio de poesía Cidade de Ourense (1980) por A Fonte Abagañada (1980) e Miño (2007) e o Premio Xerais de Novela por O bosque das antas (Xerais 1988). Como poeta tamén publicou Pabellón habitado (1987); Ara Solis (1996, edición bilingüe francés-galego, e posteriormente en castelán); Días de cera (1999) e Mar de Lira (2005). Ademais é autor das novelas: Tempo de crepúsculo (Xerais 1993), Sombras no labirinto (1997), Unha cita no aire (2005) e para o público xuvenil, Suso Espada, o misterio do Grial (2002), Suso Espada: Istambul e o cabaliño de ouro (2008) e A noite branca (2012), tamén editada en castelán; e dos libros de relatos Historias roubadas (1998), Lendas de hoxe, soños de mañá (2001) e Sete noites e un amnecer (2003). Como ensaísta publicou Respirar polo idioma -Os galegos e Julio Cortázar- (2006), editado en castelán en Buenos Aires (2007). Escribiu guías e libros de viaxe como Unha viaxe na procura do solpor -Do Tambre á fin da Terra- (2000), A Coruña monumental e turística (2002), Muros, ronsel de pedra, espiral de mar (2003) e Pereiro de Aguiar y la Ribeira Sacra ourensana (2008). É coautor das guías patrimoniais das provincias da Coruña e Ourense publicadas por Caixanova, así como de Galicia. Rutas con sabor, para El País-Aguilar. Destinado ao público infantil, escribiu o libro No corazón da fraga (2001), traducido ao castelán.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.