Fran Fernández Davila (Vigo, 1974). Fillo de mecánico naval e de obreira de conserva, é enxeñeiro industrial, profesión que exerce dende o ano 2000 e que compaxina dende 2016 cunha intensa e frutífera traxectoria literaria.
Neste tempo publicou cinco novelas e cinco poemarios, entre eles «A senda de sal» (2017), «Alana» (2018), «Mover os marcos» (2019), «O bosque do duque’s-Hertogenbosch» (2022), «Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas» (2023), «KoNpostEla» (2023), «Groenlandia» (2023) ou «Atravesar o don» (2024).
A súa obra, que afonda nas complexidades das relacións humanas con gran sensibilidade, foi distinguida con máis de corenta galardóns tanto en narrativa como en poesía.
«Principio de superposición» (Xerais, 2026), a obra gañadora da XXVII edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole, supón a súa aterraxe na colección Fóra de Xogo de Xerais.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.