Francisco A. Vidal (Palmeira, 1957) publicou as novelas “Ollos de anxo da morte”, Premio concello de Vilalba 1992; “A luz do eclipse”; “O cuarto dos ausentes”, Premio concello de Vilaba 1997; “A derradeira decisión” (2001), “O botín da inmortalidade”, “Os chanzos da escada” e “Os pecados capitais” (Xerais 2007), Premio Terra de Melide 2005. Obtivo numerosos premios literarios: o de narrativa do concello de Vilalba nos anos 1992 e 1997, accésit do Pedrón de Ouro de 1992 e 1995, o Olisbos de narrativa infantil de 1993, o Breogán do Centro Galego de Baracaldo de 1995, o Aviles de Taramancos de Noia de 2003, o Pastor Díaz de Viveiro de 2003 e o Terra de Melide de 2005. É autor das biografías “Manuel Murguía” (2000) e “Murguía: as letras e a historia” (2000), así como de varios estudos sobre a obra deste autor e da tradución ao galego da súa novela “Desde el cielo”. Dende 1977 colabora en distintos xornais (“El Ferrol Diario”, El Norte de Galicia”, “El Ideal Gallego”, “El Correo Gallego”, “A Nosa Terra” e actualmente na edición de Barbanza de “La Voz de Galicia”) con artigos técnicos, etnográficos e de historia.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.