FRANCISCO DÍAZ GUERRERO (Vigo, 1953). A súa afección polo mar e os barcos vénlle dende neno. Leva vinculado ao mundo xornalístico des que comezou a colaborar na Hoja del Lunes de Vigo no ano 1981. Dende entón as súas reportaxes e artigos foron publicados en todos os xornais de Vigo, sempre sobre temas relacionados co mundo dos barcos e a súa historia. É membro fundador da delegación española do World Ship Society británico, que aglutina un fondo documental e fotográfico de decenas de miles de buques de todo tipo, postos en servicio dende 1830. O seu interese sobre o tema dos naufraxios naceu de xeito casual no ano 1993; desde aquela leva investigados e ten documentados máis de cen accidentes marítimos de toda índole ocorridos en Galicia durante o século XX.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.