Francisco Xavier González García é Profesor Titular de Historia Antiga na Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación, caracterizada por unha aproximación antropolóxica ao estudo das sociedades antigas e protohistóricas, centrase, entre outros ámbitos, na aplicación de modelos antropolóxicos ás sociedades prerromanas galaicas, a interacción cultural romano-indíxena na antiga Gallaecia e a análise da mitoloxía clásica. Autor dunha abundante obra, publicada tanto en España como no estranxeiro, entre os seus traballos de temática galaica destacan Galicia Romana. Historia de Galicia, tomo II (Vía Láctea Editorial, Perillo-Oleiros, 1996) en colaboración con Rosa Brañas Abad; a coordinación da obra Los pueblos de la Galicia céltica (Akal Editor, Madrid, 2007) e as súas colaboracións nas obras colectivas editadas por Isidro Dubert e publicadas por Edicións Xerais: Historia das Historias de Galicia (2016) e A Morte de Galicia (2019).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.