Héctor Pena (Santiago de Compostela, 1985) é xornalista, historiador e doutorando en Turismo Deportivo na Universidade de Vigo. Coruñés de adopción, viuse fascinado desde a súa primeira infancia polo fútbol, en particular, e polo deporte, en xeral, unha paixón que plasma cada día en forma de letras e palabras nas páxinas de “Nós Diario” desde o primeiro número do xornal, lanzado o 2 de xaneiro de 2020. Antes, escribiu e colaborou en medios como “DXT Campeón”, “O Dez” ou “Xornal de Galicia”, ao mesmo tempo que participaba en volumes colectivos con textos como “FET y de las JONS: Deporte, mujer e identidades (1939-1959)”, “El telégrafo que nos trajo el fútbol” ou escribía libros como “Historia del Trofeo Teresa Herrera” (2015) e “Os Nosos: futbolistas e adestradores que defenderon as cores do Celta e do Deportivo” (2017). En 2021 comisariou a exposición de Vía Galega “Galiza, un pobo, unha selección”, a maior mostra sobre deporte galego até o momento, escribindo ademais o guión do documental e dirixindo a revista e o xornal homónimo.
“A pioneira” (Xerais 2023) é a súa primera novela na colección Fóra de Xogo.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.