Herta Müller naceu o 17 de agosto de 1953 en Nitzkydorf, unha aldea alemá, na rexión do Banat en Romanía. Aos quince anos desprazouse a Timisoara, onde estudou filoloxía alemá e romanesa na Universidade do Oeste. Formou parte do grupo literario alemán, Aktionsgruppe Banat, de clara oposición á ditadura de Ceaussescu. O seu primeiro libro, Niederungen, publicouse en 1982, correxido e amputado pola censura. En 1984 foi editado en Alemaña onde recibiu o premio Aspekte-Literaturpreis. En 1984 o libro de contos Drükender Tango convértea nunha inimiga polas críticas ao sistema de vida e non se lle permitirá volver a publicar. Na súa máis recente obra, Christina und ihre Attrappe oder Was (nicht) in den Akten der Securitate steht, dá conta das aldraxes e acosos que non figuran no expediente que se lle abriu. En marzo de 1987 abandona Romanía e instálase en Berlín, onde reside na actualidade. Ten obras traducidas a máis de vinte e cinco idiomas e prestixiosos premios que avalan e recoñecen a súa traxectoria literaria. En galego están publicadas: O home é un grande faisán no mundo, Xerais, 2001 e Randea do alento, Xerais, 2010. En 2009 recibe o Premio Nobel de Literatura, a xuízo do xurado “pola súa capacidade para describir coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, a paisaxe dos seres desposuídos”.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.