Ignacio Vidal Portabales (Compostela, 1958) é profesor titular de Dereito Mercantil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e publicou numerosos artigos científicos de temática xurídica. Como escritor gañou en 2012 o Premio Blanco Amor coa novela “Dióxenes en Dolorida” (Xerais, 2013) e en 2019 o Premio de Novela Curta Manuel Lueiro con “Lara e Sabela” (Xerais, 2020). Tamén é o autor da obra “O inspector e mais eu” (Xerais, 2016). Obtivo, así mesmo, diversos premios de poesía, tanto en galego coma en castelán, tal como o Premio Universitario San Martiño Pinario e o Premio Manxa de Ciudad Real. Tamén é autor de varias monografías sobre o dereito da publicidade, o mundo cooperativo galego e a sociedade da información. “Sangue no dron” (Xerais, 2022) é a súa primeira obra destinada ao público xuvenil.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.