Jutta Bauer, naceu en 1955 en Hamburgo (Alemaña) e estudou na Escola Superior Técnica de Deseño. Ten ilustrado numerosos libros infantís e publicado cómics e historias ilustradas. As primeiras imaxes que publicou para as cubertas de diferentes publicacións marcaron estilo. Xunto con Christine Nóstlinger realizou un dos seus traballos máis destacados: Ein und alles, un compendio de 365 ilustracións a cor, historietas, cómics etc. Este libro foi galardoado como un dos mellores libros editados de literatura infantil e xuvenil. Actualmente, a serie Juli, con textos de Kirsten Boie en que se narran as historias dun neno que vai á escola infantil, é un dos máis populares dentro dos álbums ilustrados. Jutta Bauer tamén acompañou cos seus debuxos poéticos e máxicos o conto de Peter Stamm, Warum wir vor der Stadt wohnen. Creou ademais textos propios a través das súas imaxes, como en Selma, a historia dunha ovella na procura da felicidade, ou en Madrechillona, La reina de los colores e El ángel del abuelo, todas elas obras galardoadas. Entre outros, Jutta Bauer recibiu o Premio para Libros Ilustrados de Troisdorf, o Premio ao Libro Infantil e Xuvenil outorgado pola Conferencia Episcopal Alemá, o Premio de Literatura Infantil do land de Nordrhein-Westfalen, así como o Premio Alemán de Literatura Xuvenil.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.