Kiko Neves (Ponteareas, 1969) recitou por primeira vez os seus poemas no XV Festival de Poesía do Condado. Desde entón deu conta de máis dun cento de recitais ao longo do país. Ten publicados os poemarios “Ruído de motos” (1997), “Un Poema de Amor” (1998) e “Centoonce” (Xerais, 2005) e a obra narrativa “Un baile de moscas” (Xerais, 2001). Participou nas publicacións colectivas “Catálogo da exposición Botella ao Mar” (2003) e “Sempre Mar. Cultura Contra a Burla Negra” (2003), e nas edicións 2002 e 2003 dos libros do Festival da Poesía do Condado. En 2002 colaborou con poemas propios no documental “Ollos da cidade” (con guión e dirección de Lara Bacelo). Colabora habitualmente nos xornais “A Peneira” (desde 1991) e “Novas da Galiza” (dende 2003), e participou no semanario satítico “XO!, A Voz que para as bestas” entre 1998 e 2001.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.