Kirmen Uribe (Ondarroa, Biscaia, 1970), licenciado en Filoloxía Vasca, cursou estudos de posgrao en Literatura Comparada en Trento. Considerado un dos máximos renovadores do panorama literario en éuscaro, é autor de proxectos multimedia nos que, en colaboración con músicos e artistas plásticos e audiovisuais, combina a literatura con diferentes disciplinas artísticas. Participou en numerosos encontros internacionais de literatura en Europa, Asia e América, e publicou en revistas de prestixio como “The New Yorker”. A publicación en 2001 dos seu libro de poemas “Bitartean heldu eskutik” (“Mentres tanto dáme a man”) supuxo, segundo a crítica, unha “revolución tranquila” na literatura euscalduna, recibindo o Premio da Crítica e sendo traducido a diversas linguas. Como narrador deuse a coñecer con “Bilbao-New York-Bilbao” (2008, Xerais 2010), novela que recibiu o Premio da Crítica 2008, o Premio da Fundación Ramón Ruibal á obra artística do ano 2008, o Premio do Gremio de Libreiros de Euskadi e o Premio Nacional de Narrativa 2009. Despois publicou as novelas “Mussche” (“O que move o mundo”, 2012) e “Elkarrekin esnatzeko ordua” (“A hora de espertarmos xuntos”, 2016, Xerais 2017).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.