Laura Suárez (Dumbría, 1994) medrou entre os cómics e libros ilustrados que lle regalaban os seus pais, de aí a súa paixón pola literatura e o debuxo. É graduada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia e cursou o Máster de Ilustración e Cómic da escola Elisava de Barcelona. A súas ilustracións foron publicadas en medios divulgativos como Time Out ou 180 hilos, e educativos, como a revista Cocoter. Actualmente traballa como ilustradora literaria para diversas editoriais. En Xerais, é a autora das ilustracións dos libros «Conexión Macarrón» (2019), «Unha veciña de película» (2023) e «A excursión a Cans. Unha veciña de película» (2025).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.