Jean-Marie Gustave Le Clézio naceu o 13 de abril de 1940 en Niza, onde fixo os seus estudos no liceo para proseguir na Universidedade de Letras, onde se licenciou en 1960; logo traballou en Inglaterra, na Universidade de Londres. Aos seus 23 anos revelouse como un gran escritor coa publicación da súa primeira obra Le procès verbal (1963), que obtivo o Premio Renaudot e que supón xa unha ruptura coa literatura precedente. A partir dese momento a súa produción incrementarase cada ano. La Fièvre (1965), Le Déluge (1966), L’ Extase matérielle (1967), Terra Amata (1967), Le Livre de Fuites (1970), La Guerre (1970), Lullaby (1970), Voyages de L’ autre Côté (1975), Mondo et autres histoires (1978), Desert (1980), Le Chercheur d’or (1985), Hasard (1999) e L’ Africain (2004) son algúns dos títulos do seu extenso catálogo narrativo que acada case as cincuenta obras publicadas, na sua maior parte por Editions Gallimard. A súa última novela, Ritournelle de la faim, apareceu nas librarías francesas o pasado día 2 de outubro. A Academia Sueca na adxudicación do Nobel definiuno como ”escritor da ruptura, da aventura poética e da extase sensual”.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.