María Gándara (María Dolores González Lorenzo) (Celanova, 1942), licenciada en Filoloxía, profesora nun instituto de ensino secundario de Vigo. Publicou a novela Magog (Xerais 1997), Premio Manuel García Barros 1997. É coñecida entre os lectores de literatura infantil e xuvenil tamén baixo a sinatura de Lola González. Dentro deste xénero publicou: Os Mornias (Xerais 1993), Premio Merlín 1992; Conxurados (1993), accésit no Premio Barco de Vapor 1993; Brumas de octubre (1994), Premio Gran Angular 1994; Alexandra (1999); A escura luz do Tíber (2000). Como autora teatral obtivo o Premio Camiño de Santiago 1993 coa obra Nocturno de dragón, en colaboración con Bruno Bernardo, e o Premio de Teatro Profesional Camiño de Santiago de 1994 con Ultreias.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.