Luís Daviña Facal (Santiago, 1942) é licenciado en Ciencias Químicas. Na revista A Trabe de Ouro publica o artigo “Necesidade urxente dun léxico científico” (1991), seguidamente ampliado no libro Problemas do léxico científico (1993). Preocupado pola terminoloxía científica presenta no I Congreso Internacional A lingua galega. Historia e actualidade(1996) un relatorio sobre nomes vulgares de moluscos gastrópodos.
Leva varios anos redactando un Dicionario das ciencias da natureza e da saúde e, na actualidade, compaxina estes traballos coa elaboración dun pequeno Manual de galego científico.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.