Manuel Sendón, profesor de fotografía na facultade de Belas Artes de Pontevedra, fixo a súa primeira exposición con Vítor Vaqueiro no ano 1983 en Vigo e despois mostras individuais en Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo, Barcelona, Braga, Coímbra e Milán. A súa obra foi incluída en exposicións como Cuatro direcciones de la Fotografía Contemporánea Española. 1970-1990 ou Open Spain, e publicou os libros fotográficos Ourense, Paisaxes e Tempos que hai neste tempo. Autor de diversos artigos sobre fotografía contemporánea e histórica galega como: “A Fotografía” en Informe da comunicación en Galicia, “Documentalismo social na fotografía”, “Documentalismo social e representación fotográfica”. Con X. L. Suárez Canal dirixe a Fotobienal de Vigo e ten publicado diferentes libros sobre fotógrafos como: Ramón Caamaño, Arquivo Pacheco, Ksado, Luis Rueda, José Suárez, Arquivo Sarabia, Raniero Fernández e Virxilio Vieitez.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.