Mara Méndez García (Vigo, 1995). Dende moi cativa xa andaba rodeada de libros e lapis. Estudou banda deseñada e libro ilustrado na escola O Garaxe Hermético. Ao rematar os estudos comezou a traballar como ilustradora e participou en varios proxectos de banda deseñada cos seus compañeiros da escola: «Florencio», «A Illa de San Simon», «As 9 Cruces»… Tamén ilustrou algún traballo para os Estados Unidos como «Trim Season. NYCC Ashcan», de Scout Comics, e variantes de portadas para «The Shepherd: The Tether». En Xerais, é autora das ilustracións de «Varetai. Protectora de espíritos» (2024).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.