Marcos Pérez Pena (Montevideo, 1980). Xornalista, iniciou a súa actividade en Diario de Ferrol e La Voz de Galicia e, posteriormente, traballou en Vieiros e outros medios dixitais. En 2012 formou parte do equipo que puxo en marcha Praza Pública (http://praza.gal/), e foi o primeiro director do xornal, do que segue a formar parte. Doutor en Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, analizou na súa investigación o papel da prensa en Galicia durante a Transición, un traballo condensado neste libro. Levou a cabo pescudas, así mesmo, sobre ciberactivismo, política e redes. É autor, ademais, de Milladoiro. A Galicia de Maeloc. Unha fotobiografía (2006) e coordinou o volume A praza é nosa. Quen constrúe a democracia? (2011), sobre o 15-M. A prensa en Galicia na Transición (2016) é a súa primeira obra na colección Crónica de Xerais.
Foto do autor: Erica García
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.